DIDÁCTICAS 11/3/2016 - 11/9/2016 MUSEO CENTRO GAIÁS

infantil didacticas

Coñecer a Historia de Galicia a través da moda. Esta é a proposta que realiza a Cidade da Cultura a través das visitas didácticas para escolares, unha combinación de percorrido guiado e actividades lúdicas ao redor da exposición pensada para os diferentes tramos educativos: desde Infantil a Bacharelato.

A través da vestimenta prehistórica, castrexa, medieval, renacentista ou do Romanticismo; ou de indumentaria civil, de diario, de festexo e tradicional, os escolares descubrirán os diferentes períodos históricos e coñecerán as súas principais características: como era a sociedade, a súa economía, o seu pensamento… Desde a época prehistórica á actual sociedade de consumo.

Xunto a este percorrido histórico, os rapaces terán a oportunidade de realizaren proxectos lúdicos dependendo do tramo de idade, que van desde actividades manuais ao manexo das novas tecnoloxías para descubriren como nos inflúe e nos condiciona a moda.

Navega
ARTE É MODA 17 ABR | 24 Abr | 8 MAI | 15 MAI Museo Centro Gaiás

Arte é Moda

Todos somos artistas. Baixo esta premisa, a Cidade da Cultura -da man de Aire centro de Arte e no marco da exposición Con-Fío en Galicia- pon en marcha a iniciativa Arte é Moda, unha serie de obradoiros nos que recoñecidas artistas e novas creadoras como Chelo Matesanz, Melania Freire, Lula Goce e Carolina Cruz Guimarey convidarán a reinterpretar os conceptos de deseño, moda e téxtil, e tecer, así, novos espazos no Museo Centro Gaiás.

Arte é Moda, que terá lugar entre o 17 de abril e o 15 de maio, faranos descubrir que todos levamos dentro a capacidade de crear. Así, as pezas resultantes dos diferentes obradoiros pasarán a vestir diversos espazos do Gaiás, dando lugar a unha mostra efémera que complete o discurso da exposición Con-Fío en Galicia.

Programa
17 de abril | El TIENEUNALGO de NOSÉQUÉ. Con Chelo Matesanz.
24 de abril | Facer e Ser. Recreacións de identidades contemporáneas a través do téxtil. Con Melania Freire.
8 de maio | Gramática do Efémero. Con Lula Goce.
15 de maio | Os meus brazos eran árbores, as montañas soños. Con Carolina Cruz Guimarey.
21 de maio | Día dos Museos. Con Neves Seara e Andrea Barreira.

Entradas:  10€ por sesión.
Á venda no Museo Centro Gaiás e www.ataquilla.com (+gastos de xestión) e nos puntos de venda física habituais de Ataquilla.
Colectivos especiais (Socios Club Gaiás, Xubilados, Desempregados, Discapacitados, Familias Numerosas, Estudantes/Traballadores USC e carné xove): 8€. Á venda no Museo Centro Gaiás, puntos físicos Ataquilla ou no teléfono de Ataquilla 902 504 500.
Recomendado a partir de 15 anos.

Navega
Navega