Creadores contemporáneos

Navega

A moda e o téxtil galego caracterízanse por estaren sempre á vangarda. Un signo de identidade que chega aos nosos días con creadores contemporáneos que seguen levando o nome de Galicia polo mundo mais outorgándolle unha nova dimensión. Con–Fío en Galicia pecha este peculiar desfile da moda galega cos novos nomes: mozos deseñadores e pequenas firmas que nunha nova reinvención do sector apostan por valores como a sustentabilidade, a produción local e pezas únicas.

Con–Fío en Galicia exhibe no Museo Centro Gaiás unha sorte de “nova colección” cos minuciosos deseños de Eva Soto que encandearon a Lady Gaga, ou a visión máis antropolóxica da moda a través de José Castro, que chegou a vestir a Sara Jessica Parker e as súas compañeiras de Sexo en Nueva York. Xunto a eles, novos nomes da creación galega como Amai Rodríguez Coladas, Elena Rial ou Jorge Vázquez; ou pequenas empresas como D-Due coa súa reinvención do luxo, o compromiso ambiental de Knitbrary e Latitude, ou as creacións experimentais de LaCanalla.

Amai Rodríguez (Foto: Pixi Arnoso) AMAI RODRÍGUEZ
Bimba y Lola (Foto: Pixi Arnoso) BIMBA Y LOLA
Elena Rial (Foto: Pixi Arnoso) ELENA RIAL
Sara Coleman (Foto: Pixi Arnoso) SARA COLEMAN
José Castro (Foto: Pixi Arnoso) JOSÉ CATRO
La Canalla (Foto: Pixi Arnoso) LA CANALLA
Eva Soto (Foto: Pixi Arnoso) EVA SOTO
Gonzalo Vázquez (Foto: Pixi Arnoso) GONZALO VÁZQUEZ