EXPOSICIÓN

A Cidade da Cultura de Galicia convértese nunha pasarela de moda na que amosar o peso do téxtil galego no mundo a través da exposición ‘Con–Fío en Galicia’, unha homenaxe a un sector que conseguiu situar Galicia nun lugar de referencia no panorama internacional.

Ao longo de 300 pezas, ‘Con–Fío en Galicia’ ofrece un percorrido por un sector estratéxico, constituído por 300 empresas que dan emprego a unhas 13.000 persoas e que representan o 6,5% da riqueza da comunidade. Uns 100 looks singulares da moda feita en Galicia, reinterpretacións contemporáneas de indumentarias históricas, valiosas coleccións privadas e unha escolma de material fotográfico e audiovisual guían ao visitante polos fitos máis destacados da nosa historia…  [ler máis]

Navega